tel

email
+34 986 29 10 37
+34 886 13 79 34
info@psicologiaarca.com
breve historia
actualidad y cursos
áreas de trabajo
atención temprana
área educativa
psicoterapia
mayores
escuelas infantiles
manual para padres
instalaciones
contactar
Mayores

Hoxe en día os nosos maiores fan vida social: van ó centro social ou a sede da súa asociación, onde teñen as suas amizades, organizan excursións, disfrutan das súas aficcións: manualidades, canto, bailes de salón, “a partida”, dómino, petanca, aulas de alfabetización,… Algúns incluso ocupan ó seu tempo facendo labores de voluntariado, matriculánse nas aulas da terceira idade ou na mesma universidade,…. cada vez interesanse máis por todo tipo de actividades que lles axuden a mellorar o día a día como: ioga, técnicas de relaxación, tahichi, curso de autoestima, obradoiros da memoria, ximnasia de mantenemento,…O que buscan os maiores e unha maior calidade de vida e iso precisa a estimulación, activación e mantenemento  das capacidades psicóloxicas, físicas e sociais .

De este interes e necesidade surxe o noso traballo na área da terceira idade desde un punto de vista psicosocial.-

Áreas de trabajo:

1-Programas de estimulación en centros. As persoas maiores que viven en ámbitos residenciais forman un colectivo que, ainda que heteroxéneo, presenta algunhas das seguintes características: situacións de dependencia ou axuda para desenvolverse na vida cotidiana, escasa relación co exterior, realización de tódalas actividades da vida diaria no mesmo lugar, ausencia de toma de decisións sobre diferentes aspectos da súa vida, pouca ou inadecuada estimulación sensorial, etc; todas elas moi relevantes na calidade de vida das persoas.Tendo en conta que algunhas persoas maiores teñen algun tipo de deterioro cognitivo ou disminución da agudeza sensorial é moi recomendable  que se ofreza unha intervención psicosocial ademáis dos servicios de aloxamento, manutención e sanitarios.Coa intervención persíguese, ademáis da satisfacción e o benestar do residente, a recuperación, o mantemento e si é posible a mellora das funcións cognitivas.

-O  traballo nas Residencias  basase nos seguintes obxetivos:

1.Posta en marcha de programas de estimulación e coordinación  de programas de animación para persoas maiores: manualidades, musicoterapia, xogos, excursións, etc.

2.Difundir  unha visión realista do proceso de envellecemento e abandona-los estereotipos e a discriminación mediante charlas e debates

3.Rechazo da idea de que a institucionalización é prácticamente sempre sen retorno, carente de calquer perspectiva de recuperación, e loitando pola estimulación das súas capacidades.  

4.Tendo en conta o punto anterior, trabállase para mante-la autonomía da persoa maior mentras sexa posible. O mesmo tempo hai que reduci-la pasividade, fomenta-la motivación, estimula-la comunicación e  a interacción, reforza-la autoestima e a confianza en sí mesmos.

5.Promove-las relacións sociais entre os residentes, persoal do centro e familiares.

6.Mante-lo contacto do residente co exterior.

7.Asesoramiento ás familias e/ou  persoas maiores.

8.Realizar actividades de intercambio interxeneracional donde crear uns lazos máis estrechos e unha imaxen máis positiva dos maiores.A-Coordinación da animaciónA animación é o conxunto de actividades que unha institución ou un individuo realiza en  relación a uns usuarios co fin de estimula-la vida diaria, actividades que axuden a súa normalización, ó desenvolvemento da súa creatividade e libertade como persoas que viven nun contexto social determinado.O interese pola animación non depende da actividade senon da relación dinámica entre un suxeito e o obxeto. Muy unido os intereses das persoas está o plano afectivo. Con isto queremos dicir que propoñer actividades ás persoas maiores  é intentar recrear esa relación dinámica entre o suxeito e o obxeto (que forma parte do mundo que o rodea). Deste xeito cubrense as necesidades destes e poñense en contacto có que ten sentido para eles mesmos.Por iso é moi importante persuadir,  motivar  ós residentes a practicar unha actividade, xa que o principio móstranse  reticentes a ir pero unha vez que están alí participan activamente. O falar de animación  nunha institución como unha residencia de persoas maiores habrá que entendela como: “animación da vida diaria destos”. Polo tanto na organización e desenvolvemento da animación vense implicados a dirección do centro –recoñecendo a importancia desta-, o persoal do centro – que convive con eles-,os residentes, e a relación que hai entre todos eles. Dar a coñecer ó concepto de animación  a todos eles mellora o funcionamento do centro.  B-Programas de estimulaciónO primeiro paso do traballo de estimulación será a valoración do estado físico, socioafectivo e cognitivo de  cada un dos residentes, así como unha entrevista cos familiares. Poderán facerse dous tipos de grupos segúndo as actividades que vaiamos a realizar: grupos heteroxéneos onde a interacción e a integración dos residentes entre sí sexa o prioritario, e grupos homoxéneos, tendo en conta o seu estado cognitivo, e seguindo a seguinte clasificación:Pérdida de memoria aislada.Demencia leve, moderada ou moderada-severa.Nestas sesións traballarase cos distintos procesos cognitivos como a percepción, atención, memoria, linguaxe, imaxinación, cálculo, orientación temporo-espacial razoamento, reminiscencia…Tamén relaxación, motricidade e orientación á realidade 2-Programas individuais de estimulaciónVan dirigidas a persoas individuais de terceira idade que están interesados en mantener  a sua mente en forma, por mdeio da valoración integral do estado cognitivo, anímico e social e o tratamiento individualizado no fogar ou nas  nosas instalacións. 3-Obradoiros da  memoria en asociacións

Ximnasia mental para preveni-lo deterioro das funcións cognitivas,  mellora-lo seu estado anímico e proporcionarlles un lugar onde  falar da súas cousas con outras persoas e atopar solucións para o día a día. Son programas realizados en asociacións.4-Coordinación e seguemento de programas de voluntarioEste programa creouse gracias á Asociación Galega de Pensionistas Asogapen, en colaboración co Gabinete de Psicoloxía Arca e a Universidade de Vigo, pola necesidade de aporta-lo noso pequeño gran de area para reduci-las necesidades dos maiores que viven unha situación de soedade, e deste modo mellora-la súa calidade de vida.

Para realizar esta labor foi necesario coordinar e formar ós voluntarios, que son universitarios e persoas maiores, a mayoría destes xubilados. A súa formación consiste en proporcionarlles habilidades e recursos que lle axuden na súa labor de acompañamento as persoas que se atopan soas.

 

copyright © 2006 arca gabinete de psicología   |   aviso legal   |   desarollado por mAs impacto